Arquivo
O presidente da FGA desprazouse hoxe ata Vigo para a renovación de Caixanova como patrocinador da FGA
Hoxe tivo lugar en Vigo unha xuntanza entre o presidente da FGA, D. Isidoro Hornillos e o representante de
Caixanova D. Jorge Santos. A reunión foi fructífera para o atletismo galego, xa que unha tempada mais, a Federación Galega de Atletismo seguirá contando co apoio de
Caixanova para favorecer así a creación de mais tecido atlético, apoiando á base e axudando ao desenvolvemento do Plan Galego de Tecnificación e as axudas aos atletas de alto
nivel. Tamén salientar que SOGAMA igualmente continuará apoiando ao atletismo galego nesta tempada. O presidente continua a facer xestións con distintas entidades para intentar así
acadar mais empresas e institucións colaboradoras co atletismo galego.
noticias