Saltar ao contido
Arquivo

As Xornadas Técnicas Galegas de lanzamentos terán lugar o día 23 de xaneiro

Ainda está aberto o prazo de inscricions para asistir as “I Xornadas
Técnicas de Lanzamentos”,
que se celebraran o sábado 23 de xaneiro de 2010 no Palacio de Deportes de Riazor. As xornadas estan organizadas pola Escola de Lanzamentos da
Coruña coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o patrocinio da Concellaría de Deportes da Coruña. Esta iniciativa nace con vocación de continuidade e ten como principal obxectivo
facilitar e promocionar a formación técnica actualizada do mundo dos lanzamentos atléticos, a súa didáctica e metodoloxía de adestramento. As Xornadas serán dirixidas polo responsable de
lanzamentos da FGA, Raimundo Fernández, e contarán coa participación dos atletas internacionais do N.A.R. de lanzamentos. Inscricions na Programacion deportiva municipal de Nadal
da paxina web do Concello da Coruña www.coruna.es/deportes. Lembramos que todolos afiliados á EGA teñen matrícula gratuita. DIPTICO

noticias
Compartir