Saltar ao contido
Arquivo

O atleta olímpico Alejandro Gómez inicia nesta tempada a súa andadura como xestor dun club que leva o seu nome

Nesta tempada o atletismo galego terá un novo club cunha característica non moi frecuente, o mesmo é creado e dirixido por iniciativa de Alejandro Gómez, atleta de nivel olímpico
que otorgou a Galicia moitos éxitos no atletismo nacional e internacional. O Club Atletismo Alejandro Gómez New Balance xa participou no que vai da tempada en numerosas probas populares e conta
cun nutrido grupo de atletas aficionados a este deporte. En breve estará dispoñible a páxina web deste club que se incluirá na sección de clubes da nosa páxina web. Todalas persoas interesadas en
poñerse en contacto con este club poden remitir un email a alejandrogomeznewbalance@hotmail.com. Dende a FGA desexamos o mellor nesta nova
andadura para Alejandro Gómez.

noticias
Compartir