Saltar ao contido
Arquivo

Este sabado dia 12 celebrarase o Gran Premio de Atletismo de Base. Trofeo Deputacion Provincial de Ponrtevedra.

Pontevedra acolle este sábado día 12 o Gran Premio de Atletismo de
Base. Trofeo Deputación Provincial de Pontevedra
. A proba está patrocinada pola Deputación de Pontevedra e pretende congregar a un gran número de atletas. Ademais de participar atletas
absolutos poden participar todolos nenos que estén incluidos no programa Xogade ou que teñan licencia federativa. Ademais tamén poderán participar
atletas das federacións de sordos, minusválidos físicos e psíquicos. Haberá premios en material deportivo para os colexios da provincia de Pontevedra que aporten un maior número de
participantes, camisetas conmemorativa do Trofeo Deputación Provincial de Pontevedra para todolos participantes e medallas para os tres primeiros atletas de cada
categoría. As inscricións poderán facerse no email fgatletismo@telefonica.net ata o 11 de decembro. Animádevos a participar! As
probas terán lugar a partir das 11:00 horas e desenvolveranse ata as 13:30 horas. Mais información na Circular
83-2009
HORARIO INSCRITOS

noticias
Compartir