Saltar ao contido
Arquivo

Os martillistas galegos gozaron dun adestramento privilexiado

As pistas de Balaídos foron o escenario das xornadas de adestramento dos mellores
lanzadores de martelo galegos, supervisados por toda unha figura de nivel mundial como é Alexandre Sinitsyn (adestrador da subcampioa olímpica Mariya Abakumova), que invitado polo técnico José Manuel Hermida non faltou á súa cita anual cos
atletas a tarde do venres e o sábado pola mañá. Ao grupo de Hermida, responsable
galego do sector, uníronse os de Javier López Viñas e Jose Angel Serantes, concentrando a figuras xa consolidadas como Isaac Vicente e Ignacio Alvarez, xunto con novos atletas con futuro, como
Pablo Denís, Luís González, Santi Navarro e Sergio Paredes. O sector feminino estivo representado por Sara Arousa, Noelia Ferradanes e Laura Graña. Todos eles encabezan o ranking galego nas súas
respectivas categorías, e son habituais dos campionatos nacionais. A pesar da climatoloxía adversa, con temporal de vento e choiva, as xornadas foron realmente interesantes e o adestramento
intenso.

Fotos e cronica: Flor Currás

noticias
Compartir