Arquivo
O Club Atletismo San Fernando Lucus celebrou o seu 25º aniversario
O pasado venres día 20 o Club Atletismo San Fernando Lucus celebrou o seu 25º aniversario. No acto distinguiuse a diferentes institucións, entre elas o presidente do Club Jose Manuel
Traseira entregou unha placa á Federación Galega de Atletismo, representada polo seu presidente Isidoro Hornillos. A FGA tamén desexou mostrar o apoio ao
importante traballo feito por este club dende fai anos, e por iso tamén fixo entrega doutra placa conmemorativa ao seu presidente. Noraboa ao Club San Fernando Lucus e desexamos que cumpra moitos
mais anos de actividade.
noticias