A FGA convoca unha xuntanza cos organizadores de carreiras populares
O vindeiro venres día 27 de novembro terá lugar ás 18:00 horas no salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela
unha xuntanza da FGA cos organizadores de carreiras populares. A reunión está aberta a calquer persoa que organizase ou que desexe organizar unha carreira popular. A mesma pretende ser un lugar de
encontro entre organizadores para coñecer as inquietudes e analizar ás necesidades básicas dos organizadores. Asemade, informarase da normativa vixente sobre o uso da vía pública co fin de velar
por unha práctica do atletismo segura e saudáble e por último ofrecerase unha presentación dun novo sistema de cronometraxe. Todolas persoas que desexen asistir deben confirmar a súa participación
antes do luns día 23 no email secgeneral@fgatletismo.com .