San Martiño 2009
Ourense será escenario dunha nova edicción da XXXIII Carreira Popular de San
Martiño. Unha das carreiras populares máis importante de Galicia, e onde nesta ocasión a novidade estará no servizo de vídeo.
A proba absoluta, que engloba ás categorías senior, veteranos, junior (atletas nacidos nos anos 1991 e 1992) e promesa (nacidos entre 1988 e 1990), ten unha distancia de 10.000 metros, para que
deste xeito continúe sendo homologada pola Real federación Española de Atletismo. A carreira terá o seu punto de saída na Ponche do Milenio, ás 11,00 horas, mentres que a liña de meta estará
situada nas inmediacións do pavillón dos Remedios
.
A saída da carreira absoluta efectuaraa Juan Francisco Gálvez, vicerreitor da
Universidade de Vigo, mentres que a saída da carreira escolar efectuaraa Sebastián Rodríguez Veloso ?Chano?, deportista paralímpico que obtivo cinco medallas en Sidney 2.000 e catro en Atenas
2.004.
A carreira dos escolares está reservada para os atletas pertencentes ás categorías alevín (nacidos entre 1999 e 2001), infantil (nacidos en 1.997 e 1998), cadete (atletas dos anos 1995 e 1996) e
xuvenil (nacidos en 1993 e 1994). Consta de 4.500 metros e a saída darase ás 12,30 horas, no mesmo lugar que a proba absoluta. web oficial