Intenso fin de semana para actualizar e reciclar coñecementos dos adestradores galegos
A Escola Galega de Adestradores ofrece este fin de semana tres accións formativas para os adestradores afiliados que desexen ampliar un pouco mais os seus coñecementos ou
simplemente intercambiar opinións con outros adestradores. A acción formativa comezará o venres no seminario 8 do Pazo da Cultura de Pontevedra, donde continua a celebrarse o curso
de adestrador de club, coa posibilidade de asistir como ointes a todos aqueles que non estén inscritos oficialmente. Mariano García-Verdugo continuará co módulo de adestramento
deportivo e xa na xornada do sábado o profesor Víctor Arufe abordará o ámbito da iniciación deportiva e do atletismo adaptado. Tamén na xornada do
sábado o responsable do sector de valados da RFEA, Jesús Alvarez, impartirá unha charla técnica ás 12:00 horas nas instalacións do CGTD, posteriormente terá lugar
un visionado de vídeos e xa na tarde ás 16:00 horas unha mesa redonda entre os adestradores que participen. Na xornada do domingo, a partir das 10:30 terá lugar o inicio da actividade da Escola
Galega de Marcha que contará ca participación de numerosos adestradores e atletas, e a presencia de Santiago Pérez, director de esta escola.