Arquivo
Okutu,Palomanes,Isaac Vicente,Luis Moro e Dolores Rojas ao Europeo Sub´23
A RFEA, seleccionou a catro atletas galegos para intervir no
Campionato de Europa sub´23 a celebrar en Kaunas (Lituania) do 16 a 19 de Xullo. Particparán os actuais campións de España, José A. Palomanes do (OAAP) en triple salto cunha mellor marca
de 15,92, en lonxitude Jean Marie Okutu (SGP) con 7,76 (record galego absoluto) e en martelo Isaac Vicente Landin (Maratón) con 68,20 metros (record galego promesa) e o sub-campion en pértega Luís
Mouro Mouro (ADAS) que despois dunha longa lesión, ve premiado o seu esforzo .Tamén asistirá como Xuíz internacional de Marcha, Dolores Rojas Suarez.
A FGA, felicita a todos eles pola súa boa tempada e a súa selección para o Europeo sub´23
noticias