Arquivo
Campionato de España Xuvenil
Este fin de semana en Motril, Granada, celebrarase o LVIII Campionato de España
de atletismo de categoría xuvenil, cunha numerosa participación de atletas galegos. Serán 13 rapaces e 20 mozas, inscritos en 39 probas. Destacar a Leticia Fernández, do OAAP, que
encabeza o ránking nacional en 1500m e a Ana Domínguez, 2ª en xavalina, como firmes candidatas a obter medalla, sen descartar bos resultados para un grupo de atletas que foi
mellorando o seu rendemento nas últimas semanas.
noticias