Saltar ao contido
Arquivo

Hoxe publicouse o listado de solicitudes admitidas para axudas DGAN

Hoxe sae publicado o listado provisional de solicitudes
admitidas para as axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN) no ano 2008. Existen un número alto de atletas que deben subsanar erros da súa solicitude polo que rogamos a todolos eles que o
fagan nos prazos establecidos. No listado publicado aparecen tanto as solicitudes admitidas por ter toda a documentación presentada, como a lista das e dos deportistas aos que lles falta algunha
documentación por cumplimentar, ou aqueles que quedaron excluidos por non ser Deportistas Galegos de Alto Nivel segundo o último listado publicado no DOG do día 2 de outubro de 2008.
O prazo para a subsanación de erros ou deficiencias remata o día 17 de decembro ás 14 horas, e o lugar é no rexistro da Fundación Deporte Galego. Mais informacion LISTADO

noticias
Compartir