Saltar ao contido
Arquivo

A FGA organizará no mes de novembro as I Xornadas Galegas de Atletismo de Base

A Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Atletismo na súa misión de
formación de técnicos deportivos e en colaboración co Concello de Pontevedra, a Dirección Xeral para o Deporte, o Club Sociedade Gimnástica de Pontevedra e outras institucións organizará nos dias
21 e 22 de novembro as I Xornadas Galegas de Atletismo de Base co lema Da iniciación ao alto rendemento. O evento está destinado para
todos aqueles técnicos que están a traballar con cativos nas escolas deportivas municipais, nos distintos clubes e asociacións ou impartindo docencia de E.F. nas escolas galegas. O programa do
evento conta con distintas áreas temáticas: pedagoxía do deporte, técnica de carreira, saltos e lanzamentos, psicoloxía deportiva, etc… TRIPTICO

A Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Atletismo na súa misión de
formación de técnicos deportivos e en colaboración co Concello de Pontevedra, a Dirección Xeral para o Deporte, o Club Sociedade Gimnástica de Pontevedra e outras institucións organizará nos dias
21 e 22 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra as I Xornadas Galegas de Atletismo de Base co lema Da iniciación ao alto rendemento.
O evento está destinado para todos aqueles técnicos que están a traballar con cativos nas escolas deportivas municipais, nos distintos clubes e asociacións ou impartindo docencia de E.F.
nas escolas galegas. O programa do evento conta con distintas áreas temáticas: pedagoxía do deporte, técnica de carreira, saltos e lanzamentos, psicoloxía deportiva, prevención de lesións, etc.
Dentro do programa contémplanse conferencias plenarias impartidas por profesionais de recoñecido prestixio no eido do atletismo asi como talleres prácticos con fin de dotar aos asistentes dunha
formacións mais práctica. O horario das xornadas será de 09:30-14:00 e de 16:00 a 20:00. Os estudantes e afiliados a EGA terán unha reducción dun 50% na matrícula ordinaria, abonando soamente
20 euros. Están solicitados á Universidade de Vigo 1 crédito de libre elección. TRIPTICO

noticias
Compartir