Asinado o convenio entre a FGA e o Hospital USP Santa Teresa, do que se beneficiarán os clubes e atletas galegos
Este xoves (15/05) asinóuse en A Coruña o acordo de colaboración entre a FGA y USP Santa Teresa (Unidade de Mediciña Deportiva), polo que se beneficiarán os atletas e clubs galegos dos prezos especiais na realización de
diferentes servizos. Entre elos: analíticas, probas de esforzo, espirometría, composición corporal, plan dietético… etc. Independentemente do maior respaldo científico ao proceso do
adestramento deportivo, supón un paso cara adiante no desenvolvemento dunha práctica deportiva máis segura. O convenio tamén permitirá disfrutar de recoñecementos médicos completos anuais
gratuitos, ata un número máximo de atletas. Na foto, a Xerente do USP Santa Teresa, Marta Taboada, e o Presidente da FGA, Isidoro Hornillos, nun momento da firma.