Arquivo
Intenso fin de semana dos Campionatos Nacionais
O próximo fin de semana desprázanse a Oviedo e San Sebastian atletas galegos
para intervir nos Campionatos Nacionais de Pista Cuberta nas categorias cadete e xuvenil. Os xuvenís compiten no Palacio de Deportes de Anoeta en San Sebastian e os cadetes no Palacio Municipal de
Deportes de Oviedo.
Dos atletas inscritos cadetes con
mais posibilidades de facer podium atópase CARLOS MORO (RZC) e ANTIA MARTINEZ (MRR) 60 valos, LORENA GUITIAN (ADAS) en altura, SONIA BECEIRO (ASN) en triple, e ALICIA MERINO (SFL) en combinadas. En
xuvenís EVA COSTAS (AFC) máxima favorita para facerse co ouro en peso, tambien teñen opcións de medalla IRIA ABELLEIRA (OAAP) en altura e LETICIA FERNANDEZ (OAAP) en 1500.
noticias