Saltar ao contido
Arquivo

Derradeira xornada da Compstela Cup

A derradeira xornada en pista da Compostela Cup determinou este
sábado nas pistas de Atletismo do Concello de Noia, os últimos clasificados para a fase final que se disputará en Santiago de Compostela nos meses de maio e xuño.Resultados 3 xornada pista de Noia

O longo da mañá fóronse sucedendo as diferentes probas nun ambiente competitivo no cal os atletas loitaron de xeito individual por acadar o pase á fase final desta
competición.
Con esta xornada péchase o ciclo de atletismo en pista con máis de 500 participantes entre tódalas categorías nesta modalidade. A competición centrarase a partir do vindeiro sábado
9 de febreiro, na disputa de 3 xornadas en ruta que nos levará os Concellos de O Pino (9 de febreiro), Cerceda (8 de marzo) e Porto do Son (26 de abril) e que determinará os clasificados para a
fase final da modalidade de atletismo en Ruta. Resultados 3 xornada pista de Noia

noticias
Compartir