Arquivo
David Rodríguez e Iria Fernández gañadores en San Cibran das Viñas
Nunha mañá fría disputouse unha nova edición
desta carreira popular que congregou a practicamente 450 deportistas nas tres carreiras
disputadas (64 na carreira de Pitufos, 74 na escolar, e 310 na carreira absoluta).A última carreira disputada foi a absoluta, na que o atleta do Ourense Academia Postal David
Rodríguez domiñou con certa claridade ao seu compañeiro Juan Antonio Pousa, sendo o terceiro en meta Manuel Prieto, do ADAS. Por parte das
mulleres, a tamén ourensanista Iria Fernández non tivo problemas en vencer na súa categoría, seguida por Pilar Domínguez e Elena
Naveiro (At. Venturiña). Resultados
noticias