Amplia actividade atlética para esta fin de semana
Para esta fin de semana vanse a disputar unha importante cantidade de probas dentro do noso calendario oficial. Entre as que destacan se atopan a XII Cross Guillelme
Brown en Ourense, a Xornada de Campo a Través de Santiago, a I Fase Provincial de Liga Escolar Caixa
Nova, e a XXXIV Pedestre de Cangas
Para esta fin de semana vanse a disputar unha importante cantidade de probas dentro do noso calendario oficial. Para comezar temos o dia 24 de Novembro a primeira xornada das dúas cas que conta
Santiago para desenvolver as Xornadas de Campo a Través Escolar para a categorías benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Regulamento). Ese
mismo dia a delegación ferrolá organizará a Fase Provincial da I Liga Escolar de Atletismo Caixa Nova que dará comezo as 10.30 horas nas pistas da Malata. (calendario) Seguindo co dia 24 e xa na localidade Ourensa de
Pereiro de Aguiar acontecerá o XII Cross Guillelme Brown as 11 horas para a categorías de prebenxamín ata a absoluta. Esta edición ten un carácter popular na que todos poden
participar. Existirá unha clasificación individual e por equipos, con medallas para os primeiros de cada categoría asi como agasallos de camisolas para todos aqueles que rematen a carreira.
Poderase inscribir ata media hora antes do comezo da proba. Para máis información contactar con Fran Formoso no tfno. 649 307 826 Seguendo co dia 25
de Novembro terá lugar na alameda vella do Concello de Cangas a XXXIV Pedestre Trofeo de Cangas que dará comezo as 10.00 horas. (información)