Saltar ao contido
Arquivo

Ary Pontes vola en Lonxitude ata os 7.87 m. en Portugal

O pasado dia 28 de Xullo durante a celebración do Campionato de Portugal de
Atletismo o atleta “galego” nas filas da Real Sociedad de San Sebatián Ary Pontes de Almeida conqueriu na proba de salto de lonxitud un rexistro de 7.87 (+1.2) o que o convirte este ano no atleta
de todo o Estado con millor marca (o segundo millor rexistro en mans do manchego Martínez Armenteros con 7.73 m.) Lembramos que Ary xa defendera as cores de Galicia en edicións pasadas do Torneo de
Autonomías e que é o actual Campión Galego senior da proba. A vindeira Xunta Directiva da FGA analizará esta situación con vistas á formulación de proposta de homologación dos récords galegos á
Asemblea Xeral.

noticias
Compartir