Saltar ao contido
Arquivo

Bos rexistros dos atletas galegos na Reunion Internacional de Bilbao

Bilbao foi testemuña do excepcional estado de forma dos atletas galegos que se desprazaron ata alí
para medirse con numerosos atletas internacionais. Destacar a actuación de Patrick Chinedu, atleta nixeriano do OAAP que obtivo un rexistro de 10´´44 nos 100 ml. Tamén bo rexistro de Gustavo
Platas nos 1500 ml con 3´40´´33 e a minima lograda por Juan Antonio Pousa para o Campionato de Europa sub-23 nos 3000 m obst. cunha mellor marca de 8´51´´.(Foto: Juan Antonio Pousa, cortesía Nacho
Rego)

Nos 100 metros lisos destacamos a victoria do nigeriano Patrick Chinedu militante do OAAP que obtivo un rexistro de 10´´44, quen representou a Galicia no pasado encontro de Federacion. Tamén
resaltar a marca de Gustavo Platas nos 1500 que foi 3.40´´33 o que demostra o actual estado de forma deste atleta superando a recoñecidos atletas de elite nacional. Nesta mesma proba participou
tamén Robertas Geralavicius que se tivo que conformar cun discreto rexistro de 3´51´70. Nos 3000 m. obs. destacamos o rexistro de Juan Pousa que cunha marca de 8,51 obtivo o pase para o Campionato
de Europa sub-23, lembramos que tamén teñen a minima para este encontro ata o momento os galegos Alejandro Fernandez (10000) e Isaac VIcente Landin (martelo).Nas mulleres, a ferrolana Begoña
Garrido afincada en Madrid se adentraba na barreira dos 55´´ nos 400 ml realizando un rexistro de 55´´79. Outras actuacións das galegas foron: Suszane Hasler nos 800 (2´07´´03), Maria Jesús Gestido
nos 5000 (16´46´´94) e Dolores Pedrares no lanzamento de martelo (61,90). (Foto: Juan Antonio Pousa, cortesía Nacho Rego)

RESULTADOS COMPLETOS

noticias
Compartir