Saltar ao contido
Arquivo

Ser e non ser para os nosos representantes na Liga de Clubs

Esta fin de semana achegase a Liga a
derradeira xornada na que algúns dos nosos representantes serán protagonistas.

Esta fin de semana achegase a Liga a
derradeira xornada na que algúns dos nosos representantes serán protagonistas.

Na División de Honra masculina e no Estadio vigues de Balaidos o 9 de xuño, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta de Atletismo loitarán por acadar as dúas primeira prazas do
cuadrangular que lles garante evitalo descenso. Xunto a eles estarán os equipos de Scania Navarra e Universidade do Pais Vasco. Lembramos que o Ourense Atletismo Academia Postal militará una
tempada máis na División de Honra acadada na fase anterior

Na categoría feminina as rapazas do RIA Ferrol teranse que despazar ata a cidade de Oviedo para loitar xunto as locales ó ISS L´Hospitalet e o Playas de Jandia. Sen lugar a dúbidas un difícil
encontro no que calquer erro podería ter consecuencias nefastas para os intereses das departamentáis

Na primeira división o equipo feminino do Ourense Atletismo Academia Postal terá a posibilidade de facer historia no noso atletismo xa que nas pistas de La Albericia de Santander o dia 10 de
xuño, xogaranse o ascenso a Divisón de Honra co permiso do Aseficán Pielagos, Tossal Silla Kelme e Medislat Sport Lleida

No tocante a fase de ascenso a Primeira División o equipo feminino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra compite en Burgos o dia 10 con serias psibilidades de acadalo ascenso logo de se presenar
nesta fase co millor estadillo dos equipos participates.

noticias
Compartir