Saltar ao contido
Arquivo

Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo

.

Competencias da Comisión Delegada

A Comisión Delegada da Asemblea Xeral, composta por dez membros, elixidos de entre os estamentos de Clubs, Atletas, Adestradores e Xuíces, da Asemblea Xeral; ademais do Presidente da F.G.A., terá
as seguintes competencias:

  1. A elaboración dun informe previo á aprobación do orzamento do exercicio seguinte.
  2. O seguimento da actividade atlética e xestión económica da F.G.A. mediante a elaboración dun informe anual á Asemblea Xeral sobre memoria de actividades e a
    liquidación de contas do exercicio anterior.
  3. A modificación de calendario atlético.
  4. A modificación do orzamento.
  5. A aprobación e modificación dos Regulamentos da F.G.A.
  6. Autorizar o gravame ou alleamento dos bens inmobles da F.G.A., sempre que o importe da operación sexa inferior ao 10% do seu orzamento ou a catro millóns de
    pesetas. Este acordo necesitará un mínimo de 2/3 dos votos presentes.

    A Asemblea Xeral poderá encomendar expresamente á Comisión Delegada calquera outra cuestión que non sexa competencia exclusiva da mesma.


A proposta sobre os asuntos enumerados baixo os apartados c), d) e e) corresponden exclusivamente ao Presidente da F.G.A. ou aos 2/3 dos membros da Comisión Delegada

Membros da Comisión Delegada

Estamento de clubes
Agrupación Atlética do Sil Proinor
Club Ria Ferrol- Concepción Arenal
Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Club Lucus Caixa Rural Galega
Club Riazor Coruña Atletismo
Comesaña Sporting Club
Estamento de atletas
Martín Brea Ozores
Eladio Gómez Rosales
Estamento de adestradores
Ángel Fidalgo Vázquez
Estamentos de xuíces
Mari Carmen Torres Castiñeiras

comisiones
Compartir