XV Campionato Xunta de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

XV Campionato Xunta de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

- Ourense (Ourense) Delegación: Ourense

Ámbito: AUT Tipo: Pista Cuberta

Campionato: Campionato de Galicia

Condicións de participación das categorías Sub 10, Sub 12 e Sub 14 tras a actualización do protocolo Fisicovid-DXT Galego aprobado o 10/03/2022 pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.
Calquera dunha destas tres condicións deberá ser amosada á organización no momento da recollida do dorsal.