Recomendación para a realización de recoñecementos médico-deportivos aos Atletas con licenza federativa nas Federacións de Atletismo Territoriais
A) Recoñecemento de Nivel Básico. Para Atletas de nivel local ou autonómico
1. Realización de historia médica e familiar, con especial atención en procura de antecedentes de episodios relacionados con enfermidades cardiovasculares.
2. Exploración física que deberá incluír como mínimo:
- Auscultación cardio – pulmonar detallada con especial atención en procura de signos relacionados con enfermidades cardiovasculares.
- Toma de tensión arterial.
3. Electrocardiograma de doce derivacións en repouso.
Este recoñecemento deberase realizar polo menos cada dous anos e, preferentemente, por un médico do deporte.
B) Recoñecemento de Nivel Especial. Para Atletas de nivel nacional e maiores de 35 anos
Recoñecemento de nivel básico e ademais:
Proba de esforzo máxima en tapiz rodante para atletas de carreiras, marcha e probas combinadas con rexistro
electrocardiográfico de doce derivacións durante e despois do esforzo . A proba de esforzo pode ser realizada en bicicleta ergométrica para atletas de saltos e lanzamentos.
Este recoñecemento deberá realizarse anualmente e, de maneira preferente, por un médico do deporte.
En ambas as categorías, ante o achado de calquera antecedente ou signo relacionado con enfermidade cardiovascular, precisarase a remisión do deportista a un centro especializado para a realización dun ecocardiograma ou dunha monitoraxe de electrocardiograma de 24 h. (Holter). Se se advertise calquera antecedente ou signo de enfermidade doutro tipo ou lesión, recoméndase así mesmo un estudo máis en profundidade.
Centros médicos con acordo coa Federación Galega de Atletismo