Esta fin de semana A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración de Atlántico Diario e Máis que Auga, organizaron a MILLA VIGO +11 incluída no circuíto Run RunVigo 2024.
Esta clásica, que “debutaba” neste 2024 baixo a modalidade de Milla por inicitiva do Delegado Federativo David Posada, foi seguida por parte dun destacado número de inscritos e inscritas cuxa cifra superaba o medio milleiro de participantes e que supón, un récord de inscricións.
No apartado deportivo, a mellor marca das participantes foi para Ana Pérez (Máis que Auga) cun tempo de 5:52 e na categoría masculina para Antón Gómez do Celta Atletismo con 4:51.
A entrega de trofeos contou, entre outros, ca presencia do Presidente da FGA Iván Sanmartín