O programa Rural Athletics Girls, chega a Galicia

O pasado vernes a lanzadora olímpica Belén Toimi,l dentro do programa da RFEA Rural Athletics Girls, visitaba os CEIP da Barouta e de Ventín, ubicados ambos no Concello de Ames.

A plusmarquista de España e lanzadora olímpica, compartía con máis de 200 nenos e nenas unha charla así como unha sesión de traballo ca finalidade de achegar o atletismo ata todos os recunchos do pais da man das máis representativas atletas do momento así como de dinamizar, a través do deporte, a loita contra a despoboación no medio rural

De igual modo, a visita sería igualmente aproveitada para acudir ata o grupo de lanzamentos situado do Concello de Ames no que foi recibida tanto polos técnicos do Ames Atletismo como polo rexidor do Concello José Blas García e pola Concelleira de deportes Susana Señaris que novamente amosaban a súa gran sensibilidade e deferencia co atletismo galego

O programa, impulsado na nosa comunidade pola Federación Galega de Atletismo, contou ca asistencia do seu presidente Iván Sanmartín, quen seguiu moi de preto a evolución da xornada.

Compartir: