Os grandes clásicos de ruta agardan neste último treito do ano

Ca chegada do último trimestre do ano, vaise perfilando pouco a pouco a axenda das máis importantes probas do noso calendario na que collen un especial protagonismo as probas en ruta.

Son estas as datas predilectas para o desenvolvemento das probas máis populares e multitudinarias do calendario pedestre galego na que un importante número de atletas, saltarán ao asfalto nas principais cidades e concellos galegos para tomar parte na ampla oferta pedestre do noso calendario autonómico

Con máis de trinta carreiras confirmadas ata o momento para este último treito do ano, son múltiples as opcións que poden escoller os máis de 50.000 participantes que se agardan tomen parte no conxunto delas.

Por orde, a tradición, a proximidade, a organización e o percorrido, son os factores polos que máis se decantan os participantes á hora de escoller entre unha e outra proba. A organización de distintos circuitos que como os da Deputación da Coruña, Correndo pola Costa da Morte, Coruña Corre, Carreiras saudables Corresán, Correndo por Ourense ou RunRun Vigo, entre outras, representan outro dos motivos predilectos escollidos polos participantes que atopan neste tipo de formato, unha maneira motivante e social de sair a participar. Lembramos que reagrupación de carreiras, cada vez máis común, persigue tanto a optimización de medios e recursos como o de servir de importante ferramenta tanto a nivel deportivo como a nivel de vertebración municipal e comarcal.

As mil

De entre todas as carreiras para este último treito do ano, son catro as probas que logran pasar o ano pasado do milleiro de inscritos e inscritas.

Ao fronte das mesmas atópase a Carreira Popular da San Martiño que o ano pasado rexistrou un total de 5.703 participantes que chegaron a meta. Este ano celebrarán a súa corenta e sete edición o vindeiro 10 de novembro ca mente posta en seguir sendo a máis multitudinaria do atletismo galego.

A segunda proba con máis participantes en entrar en meta é a Coruña 10 cun total de 3.075  computados do ano pasado. A proba coruñesa aspira a estar este ano por riba dese número o vindeiro dia 06 de outubro.

A  Carreira Pedestre Popular de Santiago é outras das que superan a barreira do milleiro de participantes. A célebre carreira da capital galega rexistraba no 2023 un total de 2.622 participantes, os cales terán o vindeiro día 27 de outubro unha nova cita polas rúas compostelas.

A cuarta das carreiras en canto a volumen é a Sin-Son prevista para o vindeiro día 22 de decembro. Porto Son acolle a súa décimo terceira edición disposto a superar novamente a cifra dos 1.191 particiupantes que a convirten noutra das grandes probas do noso calendario para este último treito do ano.

O resto das probas programadas para este último trimestre do ano son:

 

  • 21 setembro              I Cros Nocturno de Brión (Brión)
  • 28 setembro              I Carreira Camiños da Vía Verde (Oroso)
  • 29 setembro              Carreira da Ponte 2024. (Ourense)
  • 05 Outubro                41 Carreira Popular da Amáia (Brión)
  • 13 outubro                 Corrasan Barrio de San Pedro (Santiago)
  • 12 outubro                 I Carreira e Andaina Solidaria As Pontes Contigo (As Pontes)
  • 12 outubro                 I Milla da Hispanidade (Ribeira)
  • 12 outubro                 XIX Carreira Pedestre de Lestrobe (Dodro)
  • 12 outubro                 XIV Carreira da Pinga Pinga (Marín)
  • 13 outubro                 IX Carreira Pedestre Concello de Fisterra (Fiesterra)
  • 13 outubro                 Corresán. Barrio de San Pedro. (Santiago)
  • 13 outubro                 XI Carreira da Auga de Sada (Sada)
  • 19 outubro                 Desafio Internacional EcoCamiño 110K e 48K (Sarriá-Santiago)
  • 20 outubro                 X Carreira Popular Ventorrillo (A Coruña)
  • 20 outubro                 Carreira da Carballeira  (Ourense)
  • 20 outubro                 XIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames (Ames)
  • 20 outubro                 XLII Gran Fondo Pontevedra  (Pontevedra)
  • 20 outubro                 XI Ferrol, en marcha contra o cancro  (Ferrol)
  • 27 outubro                 VIIª Carreira  das Cidades Contra o Cancro de Páncreas (Vilartín V.)
  • 03 novembro             XLIII Carreira Internacional de Negreira “A Clásica”(Negreira)
  • 10 novembro             XLVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño (Ourense)
  • 17 novembro             A 21 Media Maratón de Vigo (Vigo)
  • 24 novembro             II Medio Maratón Concello de Vilagarcia de Arousa
  • 24 novembro             XII Carreira Novo Mesorio  (A Coruña)
  • 30 novembro             XIX Carreira Popular Mar de Boiro – 17º Memorial PEPE 2024 (Boiro)
  • 01 decembro             XI Carreira Nocturna “Corre por Ferrol”. (Ferrol)
  • 15 decembro             XXI Carreira Pedestre de San Cibrao das Viñas (S.Cibrao)
  • 22 decembro             XIII Sin Son 10 Km. – 2024 (Porto do Son)
  • 31 decembro             IV San Silvestre Concello de Neda (Neda)

Calendario

Compartir: