Resultados

Os Sub20 pechan os campionatos de España

As pistas castellonenses do Estadio Gaetá Huguet, reciben esta fin de semana a celebración do Campionato de España Sub20 á que acuden un total de 711 atletas dos cales 41 son galegos e galegas.

Na mesma estarán presentes algúns dos atletas galegos e galegas máis importantes a nivel estatal entre os cales se atopan Sara Guedes da At. Lucense a quen veremos competindo sobre a proba dos 3000 obstáculos ca terceira mellor marca das participantes. O campión galego absoluto en peso Fernando Vallines, intentará mellorar o cuarto posto logrado o ano pasado polo que deberá estar lanzando como mínimo por riba dos 17 m.

A cidade das Burgas estará moi ben representada tanto pola internacional e vixente campioa de España Blanca Pereira no concurso de martelo como pola saltadora de pértega e recén plusmarquista galega Sub20 Manuela Blanco ambas do Ourense Atletismo.

Xunto elas contaremos ca presenza dos medallistas en probas combinadas do ano pasado Carlota Salgado do A.F. Celta e Xoel Franco do Mazí, intentando reeditar o éxito acadado en Soria.

A campioa galega absoluta e subcampioa nacional Sub18 2023 Alicia Barreiro do Ria Ferrol, pelexará por facerse cun posto na final no seu debut de categoría  e no concurso de xavelina, presenza da colombiana con ficha galega polo Lucus Caixa Rural, Dayannis Escorcia.

Xela Martínez da At. Lucense, que logo da súa estancia universitaria nos Estados Unidos volve novamente a un campionato de España sobre a proba dos 3.000 m., compartirá protagonismo ca temén lucense Aldara Meilán sobre a proba de marcha ca mirada posta tanto no podio, como no Campionato do mundo de Lima.

A maiores estaremos moi pendentes do que poidan facer entre outros e outras, Antía Pernas do Lucus nos 100 m. e lonxitude; Leyla Villar nos 1.500 m.; Ricardo Negrete do Ferrol At. nos 800 m. Victor Ramos do Triki Team nos 3.000 m.; Unai Loureiro do Riazor Coruña en lonxitude e Pablo Sánchez do Marineda At. nos 5.000 marcha.

O último campionato do verán

Con esta cita, ponse punto e peche a celebración dos campionatos de España de pista en verán que seguirán o próximo día 4 de Outubro ca celebración, en Tudela, do Campionato de España de Seleccións Sub16 na que o atletismo galego estará representado.

 

Compartir: