Resultados

A canteira galega lanzada cara ao futuro

Como de extraordinario podemos calificar os resultados obtidos polos galegos e galegas achegados esta fin de semana a Lleida para tomar parte  no Campionato de España Sub16.

A expedición galega regresaba de terras catalanas cun total de sete medallas, dazaseis postos de finalistas un récord galego e un récord de España o que pon de manifesto o excelente traballo que están levando a cabo por toda a nosa comunidade os distintos adestadores e adestradoras na construción deste ilusionante futuro atlético galego.

Os lanzamentos, os grandes protagonistas

Si houbo un protagonista neste campionato de España, estos foron sen lugar a dúbida os lanzamentos e máis en concreto, os que se traballan no CGTD de Pontevedra baixo a dirección de Frank Casañas e a gran aportación de Gustavo Dacal.

O grupo de lanzadores do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra dependenta da Xunta de Galicia, lograba nestes campionatos un total de catro medallas de ouro da man de dous dos importantes abandeirados deste nova xeración de futuro, Hugo Casañas e Aitana Capeáns.

De Hugo Casañas, esgótanse os calificativos que poidan definir a progresión deste atleta cuxa xenética mistura unha grandísima dose de talento con capacidade. En Lleida volvía facer o que el tan ben sabe, lanzar e lanzar moito. No concurso de peso chegaba ata os nada menos que os 21.30 m. quitando máis de catro metros ao segundo clasificado e estabrecendo un novo récord de España que supón o ¡¡décimo quinto deste ano!! se sumanos a pista indoor…. a maiores tería tempo a lograr o título en disco no que lograba un mellor lanzamento de 61.82 m. e onde o segundo clasificado chegaba ata os 56.33 m…sen palabras.

Aitana Capeáns pola súa banda, continúa coa súa importantísima progresión que están convertendo a esta lanzadora nunha das grandes promesas do sector a nivel nacional. A da Rías Baixas lograba nada menos que os títulos de España nos concursos de peso con 13.71 m. e disco con 39.85 nuns concursos nos que non tivo rivais. Precisamente no concurso de peso excelente campionato de atleta do Barbanza Sara Caamaño, logrando un rexistro de 12.32 m. que lle daban  a medalla de bronce.

Sen abandoar os concursos, outro dos atletas con xenes atléticos Javier Cid,  era o encargado de inaugurar o medalleiro para os intereses galegos. O prometedor lanzador do Ourense Atletismo, no seu quinto intento lanzaba na primeira proba do campionato ata os 59.02 m. que lle bastaban para proclamarse campión de España Sub16.

Cambiando de sector, na velocidade Aaron Pérez do ADAS CUPA, volvía dar mostras da súa calidade ao facerse co subcampionto de España nos 100 m. e estar a piques de baixar da barreira dos once segundos. O barquense lograba un tempo de 11:00 cos cales lograba o subcampionato de España logrando de igual modo un novo récord galego da súa categoría. A maiores, estivo a piques de redondear o campionato ca medalla de bronce en lonxitude da que apenas lle separaron finalmente dous centímetros.

Nos obtáculos, formidable unha vez máis a talentosa atleta do SD Compostela Paula Fernández logrando un xusto e merecido subcampionato. Con esta actuación lograba ademáis unha MMP de 5:09.39 que a consolidan na súa ascendente e importante traxectoria do ultimo ano.

A maiores destacamos tamén o excelente campionato desenvolto polo resto de participantes,  de manera en especial aos finalistas, Olivia Gutiérrez do A.F. Celta nos 300 m; Lois García do Riazor Coruña nos 100 m.;  Miguel A. López da Gimnástica en peso; Enrique García B.  da E.A. Lucense nos 3.000 m; Carla Allegue do Xuncas Diversia en combinadas; Alejandro Santos do At. Santiago en altura; Pablo Vázquez do At. Narón nso 1.500 obstáculos; Lucía Cando da Polideportiva Lucense nos 600 m.; Beltrán Rivas do At. Deza en altura; Mario Lorenzo de La Purísima nos 1.500 obstáculos; Ismael Rodríguez do At. A Gándara nos 1.000 m.; Hugo Novoa La Purísima en martelo; Alba Morales Marineda At. en marcha; Xoel Franco do Beade en 1.500 obstáculos e Mateo Valcarce do ADAS CUPA en marcha.

Foto: RFEA

Compartir: