Compostela prepara aos Sub20 para Castellón

Manuela Blanco converteuse na protagonista do Campionato Xunta de Galicia Sub20 celebrado esta fin de semanas nas pistas da USC de Compostela. A saltadora do Ourense Atletismo , lograba o récord galego da categoría no concurso de pértega cun mellor salto de 3.85 m.

A maiores tamén resultaron interesantes as actuacións da plusmasquista galaga absoluta Ainhoa Repáraz que continúa ca súa melloría. A internacional conseguía os títulos galegos tanto dos 100 m. con 12.22 como dos 200 m. con 25.37.

Outra das atletas que vai collendo ritmo de competicion é a plusmarquista de España Xela Martínez da At. Lucense quen lograba o título galego na proba dos 3.000 m. con 9:56.23.

As combinadas tiveron na atleta do Celta Carlota Salgado a súa protagonista. A internacional lograba MMT tanto en peso con 9.78 m. como en 100 valos con 15.17 acadando de paso os títulos autonómicos sobre as modalidades.

Sen problemas para as internacionais Aldara Meilán da At. Lucense na proba de marcha e Blanca Pereira do Ourense Atletismo en martelo. Ambas cumpliron cos seus compromisos ca mirada posta nos campionatos de España dos vindeiros 27 e 28 en Castellón.

Nos homes, de igual modo bos rexistros tanto de Fabián Vidal do At. Barbanza sobre a proba dos 400 m. con 49.49 como de Jorge Vázquez do Marineda Atlético nos 400 valos con 55.46, ambas mellores marcas da tempada.

Por último os concursos deixaban as destacadas actuacións tanto do atleta do At. Santiago David García en salto de altura con 1.94 m. como de Unai Loureiro do Riazor Coruña no concurso de triplo con 14.10 m., atleta este último, que tamén sumaba o título galego de lonxitude con 6.98 m.

Vila de Cangas e Atletismo Estrada campións galegos en remudas

As remudas do 4×100 deixaban os triunfos do Vila de Cangas en homes con 44.23 e do Atletismo Estrada en mulleres con 53.17.

Compartir: