Excelente Campionato de España das nosas e nosos Sub18

Excelente balance logrado pola representación galega que acudía esta fin de semana en Málaga a tomar parte no Campionato de España Sub18 da que se voltaba cun total de dez metais (dous ouros, catro pratas e catro bronces), vinteún postos de finalistas e tres récords autonómicos.

Os títulos de España viñeron da man da prometedora xavalinista do Barbanza Lara Iglesias quen confirmando os prognósticos lograba o título de campioa de España facendoo ademáis pola porta grande xa que o seu lanzamento de 52.46 representan un novo récord galego afianzando o seu liderato ao fronte do ranking nacional do ano. Sen abandoar os lanzamentos, a outra excelente nova chegaba do círculo de martelo na que Aixa Corbacho do Rías Baixas daba mostras da súa absoluta superioridade logrando o título de campioa de España cun lanzamento de 59.57 m. que lle permitían quedar a máis de cinco metros da segunda clasificada.

O resto de madallas viñeron da man Leo Rodríguez do Celta que novamente volvía a un podio nacional como xa fixera o ano pasado, logrando a mesma segunda posición na proba dos 400 valos cun crono desta ocasión de 52.80.

Fantástico o medallista de bronce europeo por equipos en trail running mountain classic Asheber Díaz na proba dos  3.000 m. O atleta do Celta volvía dar mostras da súa gran capacidade competitiva que o levaban ata o subcampionato de España con  8:42.59.

No concurso de altura suma e segue na imparable progresión que está mantendo a formidable saltadora de La Purísima Iria Solera quen estreando categoría, lograba un novo metal nun campionato de España.  A ourensá superaba o listón a 1.70 m.  que a empataban no primeiro posto, malia que un maior número de nulos, deixabanna na segunda posición.

Continuando cas medallas, a proba dos obstáculos deixábanos a excelente imaxe de ver a dúas galegas en todo un podio dun campionato de España. A campioa de España indoor dos 3.000 m. Sabela Martínez da Gimnastica, completaba un formidable ano ao acadar o subcampionato de España na proba dos 2.000 obstáculos cun crono de 6:44.43. Sen abandoar este mesma distancia a xoven promesa de O Pino Debris Paniagua lograba rematar a mesma proba por detrás da pontevedresa con 6:49.88 que lle daban o metal de bronce destes campionatos.

O foso de triplo deixabanos a Gonzalo Cuns do Atletismo Negreira, confirmando esas opcións de medalla e voando ata os 14.59 m. no seu terceiro salto que valían toda unha medalla de bronce. Mesmo metal con 4:02.75  para o campión galego absoluto dos 1.500 m. Iker Fernández de A Gándara quen se postula como un dos líderes galegos desta distancia.

Por último excelente campionato nos 200 m. para o atleta do Coruña Comarca Sebastian Bascoy.  O herculino lograba unha brillante clasificación para a final da proba ( logo de facer en semis 21.64) da que finalmente sairía cun metal de bronce dando sensacións de poder estar na loita directa polo título de España.

O outro récord Galego Sub18 xunto ao da campioa de España en xavelina, veu da man do atleta do Real Club Celta Adrián Bernárdez na proba dos 100 m. quen melloraba por dúas veces o anterior rexistro que Erick Fernández de 10.90. Primeiramente eran nas eliminatorias nos que lograba unha millora con 10.81 para novamente, e xa na final, volvelo mellorar nunha pechadísima loita polo bronce -do que apenas lle separou unha milésima-  cun tempo final de 10.76.

Compartir: