Resultados

De 1986 a 2023

No ano 1986 na edición levada a cabo nas pistas de atletismo de Pontevedra, Alfonso Cano voaba ata os 5.10 m. no concurso de pértega que ata o momento representan a mellor marca con máis antiguedade de todas cantas se efectuaron nuns campionatos de Galicia. Quen fora dous anos antes atleta olímpico en Los Angeles-84, encontrábase por aqueles anos fichado no Real Club Celta de cara a reforzar aquelas históricas e memorables rivalidades que por aquel entón se mantiña co Real Club Deportivo de A Coruña. Tempos foron desde logo aqueles marabillosos anos, nos que este rexistro perdura a modo de símbolo e lembranza dunha gran época.

Sen abandoar o Celta, é a mítica Estela Estévez quen desde o ano 1989 e grazas aos seus 4:15.8 nos 1.500 m., conserva a honra de reter o récord femenino con máis anos dos campionatos. Era na edición levada a cabo en Balaídos no ano 1989, apenas tres anos antes de tomar parte naquela formidable cita olímpica de Barcelona ao que o noso atletismo enviaba a un total de sete atletas,  Alejandro Gómez, David Martínez,  Julián Sotelo, Carlos Adán, Carlos de la Torre, a propia Estela e a lanzadora Angeles Barreiro, atleta esta última que de igual modo conta co récord do campionato en lanzamento de disco desde o ano 1995. Pasados máis de seis lustros daquela inesquecible cita, o noso deporte volve sacar músculo para, cun pouco de sorte, estar presente en París con seis atletas e dous xuíces. Namentras chega ese momento, a cita real terémola este sábado en Balaídos que como nas importantes ocasións, vístese de gala para recibir ao gran acontecemento atlético do ano.

Por certo,  os irmáns Chamosa batían o ano pasado sendas mellores marcas nos 5.000 marcha que pola contra, representan as máis recentes en ser subidas ao cadro de rexistros de honra… veremos si este sábado podemos seguir ca súa actualización.

 

Compartir: