Co mes de maio xa avanzado continúan desenvolvendose os distintos Campionatos Xunta de Galicia que esta fin de semana chegan a Coruña, Lugo e Pereiro de Aguiar.
En concreto o primeiro dos mesmos disputarase nas pistas da UDC da Coruña e acollerá o autonómico de clubs Sub16 ca presenza dun total de quince equipos entre os que se atopan os actuais campións galegos, Atletismo Narón na categoría feminina e Gimnástica de Pontevedra na masculina.
Poa súa banda e xa no domingo, nas pistas do Gregorio Pérez Rivera de Lugo xuntaranse un total de 22 formacións para o desenvolvemento do campionato galego de clubs Sub20 e nas que o Celta intentará repetir o éxito do ano pasado no que lograba os títulos en ambas categorías.
Mesmo obxectivo que os celestes será o que intente compartir o Atletismo Sada durante a celebración da VI Copa de Clubs de máster que poderemos seguir o domingo nas pistas Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar e que contará ca participación de seis formacións en liza.