Resultados

As combis e o pentatlon de lanzamentos máster, pasaron por Santiago

Finde semana pasado por auga o que viviron os atletas participantes no Campionato Xunta de Galicia de Probas combinadas e Campionato Xunta de Galicia de pentatlón de lanzamentos da categoria máster, desenvolto esta fin de semana nas pistas da USC de Santiago.

Precisamente neste último campionato resultaron gañadoras na categoría feminina,  Mónica Yáñez do ADAS CUPA na F45 cun total de 4.263 puntos;  María Purificación Cariñeña do Millaraio na F50 con 2.959 puntos e María Elena Amigo do SD Compostela con 1.402 puntos na F55.

Por parte masculina David Martínez do S.D. Compostela na M40 con 2.883 puntos proclamábase campión autonómico nesta mesma edición xunto a  Jesús Villaverde do Ames At. na categoría M45 con 3.119 p.;  Jose Domínguez da At. A Silva na M50 con 5.646 p.; Carlos Ferrer do Samertolomeu na M60 con 5.517 p. e Julio Escalante do At. Santiago na M65 con 3.643 puntos.

No que atinxe ao Campionato de Pentathlon Bea Viteri do Samertolameu obtiña nas probas de martelo, peso, disco, xavelina e martelo pesado unha suma total de 1.976 puntos na categoría F35 que lle daban o campionato galego. No resto de categorías resultaron gañadoras María Teresa Janeiro do Atletismo Sada na F45 con 2.380 puntos; Elisabeth Pazo do Samertolameu na F50 con 2.440 puntos e as atletas de A Silva, Ana Abuín na F60 con 1.954 puntos e María de los Angeles Rodríguez na F65 con 2.523 p.

No tocante a categoría masculina proclamáronse gañadores autonómicos desta edición  Isidro Abuín do Mazí  na categoría M40 con 1.932 puntos; José David García do Ames Atletismo na M45 con 1.418 p.; Efren Mario de La Purísima na M50 con 1.967 p; José Manuel Núñez da Atlética A Silva na M55 con 2.139 p. e Javier Viteri do Samertolameu na M60 con 3.086 puntos.

Compartir: