Don Benito decide o campionato de España máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de rango estatal que nos levan esta fin de semana ata a localidade pacense de Don Benito, escenario da celebración do Campionato de España do 5 Km. Máster.

Ata alí acudrirán un total de catorce atletas na categoría masculina e sete na categoría feminina co obxectivo de estar na loita tanto polos postos importantes como na disputa pola dos metais.

Entre a relación de admitidos e admitidas,  figura a inscrición da campioa galega F45 do pasado 10K desenvolto en Xinzo de Limia, María Tarrio quen estará acompañada polos tamén campións galegos Marcelo Lanza na M50 e  José Suárez na M60 todos do  S.D. Compostela Atletismo

Na categoría F65, estarán sobre a línea de saída Mari Carman Rodríguez do S.D. Compostela e Begoña de Arriba do Egovarros, vixentes campioa e subcampioas galegas F65 de 10K sen esquecernos do bronce autonómico Rocío Díaz na F55

Por último tanto o trimedallista dos pasados mundiais de pista cuberta de Polonia Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 como o plusmarquista mundial do relevo 4×800 m. indoor M65 Nemesio Gutiérrez do At. Friol, serán otras das bazas importantes galegas nesta edición.

 

 

Compartir: