A selección galega de Trail Running viaxa a Murcia

A Nosa selección galega de Trail Running toma parte esta fin de semana no Campionato de España de T.R. que se desenvolve na localidade murciana de Ojós. Ao fonte dela estará o seu responsable técnico Iván Sangiao quen viaxará co adestrador Amador Pena xunto a un total de 12 homes e 9 mulleres seleccioadas.

A seguir medrando e crecendo

O Campionato dará comezoas 9.30 h. do domingo día 10 ca saída da primeira das carreiras da categoría absoluta para dar paso media hora máis tarde, á saída da categoría de promoción (Sub20) e Sub23

En canto ao circuito presenta un corte clásico de subida e baixada, que para o gusto de  Iván Sangiao “preferíamos un trazado máis técnico”. Sobre o tempo, todo apunta a que non será unha xornada con moita temperatura o cal sí favorece a nosa selección que poderá compitir contra os mellores especialistas nacionais e mundiais da modaliodade.

Os favoritos como sempre, serán as seleccións de Catalunya, Andalucía e Euskadi ás que se lle engade Murcia, en calidade de anfitriona.

Sobre os obxectivos marcados, estes pasan por seguir acumulando experiencia e ir medrando sobre esta modalidade quen tan só conta cuns poucos anos de rodaxe na nosa comunidade . Malia elo, haberá que seguir moi de preto as evolucións do equipo Sub20 cuxos integrantes, tanto no individual como no colectivo, poderían estar entre os postos destacados da proba.

Convocatoria

 

Compartir: