Tres novos campionatos de España serán os que se disputen esta fin de semana nas cidades de Valencia, Gavá e Donosti.
En concreto ata a cidade do Turia despranzaranse un total de 37 atletas para tomar parte no Campionato de España Indoor Sub16 na que as nosas e nosos representantes aspiran a regresar cun importante número de medallas e boas marcas.
Entre a relación de participantes figura a presencia do plusmarquista de España en disco (64.10 m.) e peso (21.02) Hugo Casañas do Rías Baixas quen parte como clarísimo favorito para o triunfo na proba de peso. Xunto ao pontevedrés outra das claras apostas para este campionato será a presenza da campioa de España Sub16 Sabela Castelo da Gimnástica quen estará tomando parte na proba dos 3.000 m. xunto a outra das destacadas, Carmen Martínez da Atlética Lucense.
Sen abandoar as distancias de medio fondo, Paula Fernández do S.D. Compostela defenderá a súa mellor marca sobre a proba dos 1.000 m. distancia esta, na que tanto Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá Cervo como Lucía Calvo da Polideportiva Lucense, estarán na loita directa polas medallas.
O xoven valor do ADAS CUPA Aaron Pérez estará tomando parte tanto nas proba dos 60 m. como na do concurso de lonxitude ocupando en ambas os primeiros postos do ranking nacional anual.
Atención á participación de Xoel Franco do Mazí nos 1000 m. así como a de Beltrán Rivas do Atletismo Deza en altura que contan en todos os prognósticos para estar na disputa polo título nacional.
No concurso de peso emocioante final a que se agarda entre as galegas Aitana Capeans do Rías Baixas e Sara Caamaño da Atlética Barbanza separadas por apenas cinco centímetros de diferencia e entre as cales decidirase con toda probabilidade a medalla de ouro deste campionato.
Para rematar, estaremos moi atentos ás combinadas ca participación de Olivia Gutiérrez do Celta e Carla Allegue do Xuncas Diversia nos postos altos do ranking de España.
Campionato de España de 5.000 e 10.000 m.
O Estadi Municipal La Bóbila de Gavá acolle esta fin de semana o Campionato de España de 10.000 metros absoluto e sub23, e a dos 5.000 metros sub20 e sub18 que contará ca participación dun total de terce das nosas e nosos atletas.
Entre a relación galega desta a presenza do actual campión de España dos 3.000 metros do recente campionato Indoor sub20 Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural quen xunto ás internacionais Sub23 Antía Castro e Isabel Caeiro da Gimnástica serán algúns dos máis destacados da participación galega nesta edición
Campionato de España Máster Indoor
Por outra banda preto dun cento de atletas da categoría master serán os que se acheguen ata Donostia para participar no Campionato de España indoor que se levará a cabo os días 1, 2 e 3 de marzo
A expedición liderada pola plusmarquista mundial Esther Pedrosa quen figura inscrita nas probas dos 800 m. e 1.500 m. e 3.000 m. parte co obxectivo de superar os 43 metais colleitados o ano pasado Antequera.
Entre a ampla relación de galegas e galegos que tomarán parte destaca a presenza dos líderes nacionais das súas probas: Miguel Gómez do Celta na M45 dos 60 e nos 200 m.; Rosario Sureda do Lucus en altura F60; Ramiro Méndez de A Gándara nos 800 m. M60; Xosé Lois Otero do At. Santiago nos 3.000 m. M70; Miguel López do Marineda At. nos 60 valos M65; Tania Valverde do Ourense At. na lonxitude F35 así como os atletas do Samertolameu de Moaña Carlos Álvarez en altura na M55; Alberto Vázquez no triplo M60; Javier Viteri en peso M60 e Bea Viteri en pértega F35.