Resultados

Presentouse en Xinzo o Campionato Xunta de Galicia de 10K.

No día de hoxe tivo lugar a presentación do Campionato Xunta de Galicia de 10K que se desenvolverá o vindeiro día 10 de marzo no Concello de Xinzo de Limia. Ao acto acudiron o Alcalde do Concello Amador Díaz, o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo Eladio Gómez, a concelleira de Deportes Cristina Campero, o presidente da A.D. Limiactiva Miguel Ángel Díaz, os técnicos deportivos do Concello David Carnero e Oscar Gómez así como Juan Seara, membro da directiva da A.D. Limiactiva

Con este campionato, Xinzo sitúase novamente no epicentro do atletismo autonómico como xa fixera o ano pasado co desenvolvemento do Campionato absoluto de campo a través e máis recentemente, ca celebración do seu popular Cross de Antioquia desenvoltas todas elas cun notable éxito organizativo.

Para esta edición, unha vez máis a Asociación Deportiva Limiactivia, estará presente na colaboración das distintas tarefas organizativas que entraña un evento destas características.

As inscricións marchan a bo ritmo

Malia que as inscricións para o campinato galego pecharán o vindeiro luns día 4 ás 20.00 horas, son xa moitos os atletas que teñen confirmado a súa asistencia ao mesmo, destacando a participación dalgúns dos medallistas da pasada edición levada a cabo en Carballo. Lembramos que durante o transcurso da mesma proclamáronse campións de Galicia Laura Santos do Playas de Castellón cun rexistro de 34:19 e Carlos Porto da Gimnástica de Pontevedra cun tempo o ficial de 30:47

Probas e distancias populares adaptadas a todas e todos

Paralelamente áo desenvolvemento do campionato, tamén haberá ocasión para que todos aqueles e aquelas populares que o desexen, poidan estar participando nesta cita atlética. Para elo a organización ten previsto a disputa dunha proba homologada dun 10 K. e 5 K. para as categorías Sub20 e superiores así como carreiras para os máis pequenos con distancias adaptadas  que van desde os 2 ata os 16 anos. Para estas probas, o prazo de inscripción remata o día 6 de marzo.

 

Compartir: