O concello de A Rúa xuntará esta fin de semana o desenvolvemento de dous importantes campionatos de Campo a Través. Por unha banda estarán tomando parte os atletas das categoría máster cuxas probas desenvolveranse desde as 10:15 ata as 11.30 horas sobre o circuito de O Aguillón, e pola outra faranno as categorías base Sub10, Sub12 e Sub14 no Memorial Alejandro Lorenzo.
Entre os primeiros atletas que tomarán parte destaca a presenza na categoría femenina de Zelinda Spencer do Oviedo At. na categoría F35, Iria Fernández do ADAS CUPA na F40; Soledad Leiro do S.D. Compostela na F45 e a de Begoña de Arriba do Egovarros na F65. Por parte masculina serán Amador Pena do S.D Compostela na M40; Antonio Gude do Lucus na M45 e Saturnino González do Ourense Atletismo na M60, quenes completan a relación de atletas gañadores no ano pasado nas súas respectivas categorías.
Unha vez rematadas as probas máster, serán as categorías base do noso deporte quenes seguirán competindo baixo un nutrido campionato no que se agarda a participación de máis de 600 atletas en representación de 44 equipos.
A primeira proba desta categoría dará comezo as 12:15 h. ca saída das máis pequenas que irán dando paso ao resto de carreiras ata rematar ás 13:35 ca posta en marcha dos Sub14 masculinos.