Resultados

Loreto Pérez, mellor xuíz de atletismo RFEA 2023

A xuíza viguesa internacional Loreto Pérez Román, acaba de ser distinguida polo Comité Nacional de Xuíces como a “ Mellor xuíz de atletismo do ano 2023” segundo ratificación da  Xunta Directiva do citado organismo.

Esta distinción concédese anual e individualmente á mellor xuíz/xuíza estatal segundo o criterio de  “…jueces que de una forma significativa se hayan distinguido por su especial conocimiento de las Reglas, su puesta en práctica de forma acertada, atención al colectivo, situaciones especiales en el Juzgamiento y dedicación al Estamento en cualquiera de sus facetas”

A traxectoria de Loreto é ampla e dilatada figurando estre as súas actuacións máis importantes as desenvoltas este mesmo ano no Campionato Mundial Universitario en China, o Campionato do Mundo de Budapest e o Campionato de Europa de Pista cuberta en Belgrado. De igual modo tomaba parte o ano pasado no Campionato do Mundo Sub20 celebrado en Colombia, actuando como delegada técnica en numerosos encontros internacionais nos últimos anos.

Na actualidade é xuiza nivel 3 RFEA, estando a nivel internacional no máximo nivel da súa categoría World Athletics Referee Gold Level.

Xuízas e xuíces galegos distinguidos pola RFEA.

A distinción lograda por Loreto, súmase as xa logradas por un bó número de xuíces e de xuízas galegas e que pon de manifesto o recoñecemento e a gran calidade deste importante colectivo do noso atletismo.

  • Placa Juan Sastre 1993
    Ramón Docal Lago
  • Mellor Xuíz 2002
    María Dolores Rojas Suárez
  • Mellor Xuíz 2011
    Jorge Blanco Chao
  • Mellor Xuíz 2012
    Angel López – Montesinos Vázquez
  • Mellor Xuíz Novel 2015
    Guillermo Sandino Leira
  • Mellor Xuíz Novel 2016
    Andrés Anxo Pérez Sánchez
  • Mellor Xuíz Novel 2020
    Rubén Martínez Vega
  • Mellor Xuíz Novel 2021
    Estefanía Acuña García
  • Mellor Xuíz 2021
    Manuel Garrido Toro
  • Placa Juan Sastre 2022
    Jorge Blanco Chao
  • Mellor Xuíz 2023
    Loreto Pérez Román

Compartir: