Cando o atletismo é algo máis

O deporte é nos nosos días unha importante ferramenta de transmisión de valores e actitudes que favorecen claramente un desenvolvemento positivo de convivencia no seno da nosa sociedade.

A ONU recolle na súa Conveción sobre o dereito do Neno (1989) unha referencia explícita ao dereito que asiste aos nenos e nenas a practicar deporte nun entorno seguro e saudable baixo a supervisión de adultos cualificados onde ademáis de mellorar as capacidades físicas, se procure diversión e distración e se potencie o respeto, a igualdade e a deportividade.

Sabedores do papel beneficioso que desenvolve nunha sociedade con cada vez máis altos índices de conflictos sociais e problemas a nivel saudables, a maioría dos países occidentales empregan importantes recursos orzamentarios ao seu fomento, máis non son poucos os que pola súa situación, carecen desta capacidade.

Baixo esta premisa os Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade levan realizando desde fai varios anos distintos proxectos entre aqueles países máis desfavorecidos como medida de impulso e desenvolvemento en materia de cooperación, igualdade e deporte. Precisamente sobre este último atópase a iniciativa de “Especialistas en cooperar”  a través da cal o técnico de Deportes do Concello de Lousame Néstor Romero (Lousame, 1978)  decidía un día embarcarse nesta aventura con moita ilusión e gañas.

Nun núcleo de poboación duns 20.000 habitantes, a localidade mozambiqueña de Nhamayabue, conta con catro escolas e un número preto de 5.000 nenos e nenas. Nese recuncho do sureste de Africa, as limitacións son de todo tipo “O principal obxectivo que intento desenvolver é o de  elaborar un plan deportivo que permita a implantación dunha mínima estructura deportiva a través de accións formativas e de coordinación”  Para elo leva traballando conxuntamente tanto na dinamización deportiva- a través de varias ligas e sistemas de competición- como a través da formación en materia de xuíces, árbitros e técnicos, que pasen a formar parte do deseño deportivo municipal. A idea fundamental é a de “Asentar unhas bases que poidan ter continuidade nun futuro”  

Traballo difícil pero ilusionante

O traballo no día a día, non resulta doado xa que a falta de recursos súmaselle as rigurosidades do tempo “ademáis dos distintos ciclóns que azotan a zona, a temperatura sube ata os 43ºC  non estando garantido o suministro de auga para as duchas todos os días” malia todo elo,  salienta o aspecto positivo do seu traballo no que a inseguridade apenas é inexistente e a calidade humana das xentes é “moi grande”.

Esta é a segunda ocasión que adica o mes das súas vacacións en acudir Nhamayabue. “Facilítame moito as cousas xa que teño máis coñecemento da situación” O seu papel é moi valorado por  parte dunha sociedade moi agradecida e cun alto nivel de participación nas distintas iniciativas deportivas levabas a cabo, e na que o noso deporte xoga un papel importante.

“ Ademáis das ligas de fútbol, voleibol e badminton que xa fixemos estamos agora organizando uns campionatos de atletismo na que por espazo de catro días, tocaremos todas aquelas modalidades que organizativamente poidamos”  Precisamente sobre este aspecto salientaba a importancia das distintas doazóns que tanto a Federación Galega de Atletismo como o Club Atletismo Noia realizaban a través de varias equipacións “Para todos eles representa un aspecto tremendamente importante contar con material deportivo, xa que temos que ter en conta que estamos nunha zona bastante aillada a máis de sete horas da localidade máis preta. Por tal motivo o acceso ao material deportivo, ademáis de moi escaso, é prácticamente inalcanzable polo seu elevado custe.

Recadación de fondos

“Gustaríame deixar algo máis que unha mínima estructura deportiva organizada” salienta Néstor quen confesa que nestas campañas xa logrou redes de fútbol, canastas, redes e raquetas de badminton e agora, camisetas. Pero o de Lousame non se conforma e aproveita a circunstancia para solicitar canta axuda de material e recursos se poida recadar

Sen lugar a dúbidas todo un gran proxecto que desde logo, conta con todo o noso apoio e recoñecemento

 

 

Compartir: