Xuntanza de traballo entre Xunta e Federación

O Presidente da FGA, Iván Sanmartín xunto ao Vicepresidente, Suso Vázquez mantiveron unha xuntanza de traballo con José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte no que abordaron varios asuntos de interese para a comunidade atlética.

Por un lado, avaliaron as diferentes opcións de traballo en conxunto entre ambas instituciones, así como o plantexamento de posibilidades de cara ao vindeiro ano 2024, no que a FGA xa se atopa traballando en varios eixes.

Un dos puntos importantes do encontro de traballo foi o estado no que se atopan diferentes infraestruturas atléticas, de cara a artellar diferentes mecanismos en función da titularidade de cada instalación.

A súa vez, os membros da Xunta Directiva da FGA informaron a Lete Lasa, dos diferentes pasos que van seguir no eido das institucións públicas e as sinerxias a poder establecer dun xeito progresivo.

Compartir: