Resultados

Suso Vázquez, asumirá na Vicepresidencia da FGA as áreas de Relacións Institucionais, Infraestructuras Atléticas e Área Social.

A FGA continúa optimizando a súa estrutura na que se irán anunciando diferentes movementos nas vindeiras datas.

Deste xeito, Suso Vázquez, asumirá na Vicepresidencia da Federación Galega de Atletismo as áreas de Relacións Institucionais, Infraestructuras Atléticas e Área Social.

No tocante ás Relacións Institucionais, xa co mandato das corporacións municipais e Deputacións asentado, preténdense dar os pasos axeitados con diferentes instituciones para mellorar as condicións da actividade atlética galega.

As Infraestruturas Atléticas, son un dos puntos importantes do actual mandato federativo, onde se pretenden consolidar varias instalacións, así como inaugurar outras e reformar, noutros casos, outras.

No eido social, seguiranse dando pasos adiante para lograr e consolidar de xeito progresivo o atletismo como un importante axente de desenvolvemento social como complemento á actividade atlética.

Vázquez Tallón, tamèn é o representante da Xunta directiva da FGA na Comisión de Trail Running que está dando un importante impulso no desenvolvemento do sector na nosa comunidade.

Na actualidade, profesionalmente, é docente que exerce como Xefe de Servicio de Apoio aos Servicios Educativos da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, entre outras cuestións.

Compartir: