Como de fantástico se pode calificar a actuación de Adi Iglesias nos Campionatos do Mundo de Atletismo Paralímpicos que se están desenvolvendo en París logo de lograr no día de hoxe, o seu segundo metal.
O primeiro deles foi o que aconteceu ca proba do hectométro na que a lucense lograba o subcampionato do mundo da categoría T13 de discapacidade visual nunha final tremendamente axustada.
A campioa paralímpica, e plusmarquista galega absoluta dos 200 m., lograba xa nas semifinais a súa clasificación cun rexistro de 12.34 para xa logo na final, acreditar o mesmo crono que a representante de Azerbaian nunha chegada tremendamente axustada, na que ambas marcaban un tempo de 11.99. A foto finish, que tivo que ser axustada ás milesimas, daban finalmente o triunfo a atleta Baliyeba. En calquer caso, a marca logrado pola campioa galega absoluta de aire libre, mellora os 12.09 que tiña este ano como MMP situandoa ademáis de líder galega.
O triunfo nos 200 m. fixo xustiza.
Co metal de prata conquistado, encaraba tamén a súa participación sobre a proba dos 200 m. na que as semifináis deixaban moi claro que era a atleta a batir. Na final e moi sabedora do seu bo estado de forma, tomaba a saída polas rúas centrais prácticamente liderando a carreira desde os primeiros metros que a fixeron proclamarse con autoridade, campioa mundial da distancia con rexistro de 24.86.
Con esta nova medalla, a lucense sigue ampliando o seu impresionante palmarés internacional destacando, entre outros, un ouro e unha prata paralímpica en Tokio 2020 así como as súas dúas pratas mundialistas lograda en Dubai 2019 facendo dela a mellor das nosas atletas galegas da actualidade e unha das máis importantes da nosa historia.