Resultados

Convocatoria de axudas DGAN 2023

A Fundación Deporte Galego ven de publicar hoxe mércores 31 de maio, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2023, baixo a denominación Convocatoria de AXUDAS DGAN 2023e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudassegundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2022 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores)

Se publican en documento adxunto as bases desta convocatoria, quedando tamén a disposición pública na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal dende hoxe.

 o prazo de presentación de solicitudes comeza mañá xoves 1 de xuño e rematará o vindeiro mércores 14 de xuño de 2023 (10 días hábiles).

Ademais, recordámosvos que, do mesmo xeito que na anterior edición, as persoas deportistas solicitantes poderán:

  • Solicitar axuda sempre que estén ou estiveran recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2022 e/ou 2023 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).

  • Cursar a solicitude de axuda de forma telemática, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Terán á súa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderán utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá xx de outubro).

  • Presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administracións Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.

  • Remitir unicamente cuberto o anexo I de Solicitude, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal) e o anexo III, formulario cos mellores resultados acadados en 2022.

Compartir: