Resultados

Importante inauguración das pistas de atletismo da USC

Xornada moi importante a vivida no día de onte para o atletismo galego nas pistas Universitarias da USC de Santiago onde por fin, e despois dalgúns anos, volvíanse poñer en utilidade estas importantes infraestructuras ca súa inauguración.

Ao acto acudiron o Presidente da FGA Iván Sanmartín;  o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta José Ramón Lete; o Alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo; o Reitor da USC Antonio López e Deputada de Xuventude e Deportes Cristina Capelán, entre outras

Na rolda de intervencións, Ivan Sanmartín fixo unha lembranza histórica desta importante  instalación da que salientaba a súa trascendencia como eixo vertebrador do atletismo galego pola súa estratéxica ubicación xeográfica. De igual modo o mandatario federativo, comprometeuse a ¨revitalizar e potenciar a actividade atlética para o cal organizarase xa este mesmo ano, o Campionato Xunta de Galicia  absoluto¨.

Non faltaron as palabras de recoñecemento e agradecemento en especial a ¨A todas e cada unha das institucións que fixeron posible que estas pistas por fin poidan contar novamente con actividade atlética¨ .

O acto remataba cunha primeira xornada oficial que incluía probas de carreiras, saltos e lanzamentos.

Importante remodelación

A pista do Estadio de Atletismo da USC, cuxa renovación superou os 400.000 euros, é a única de Santiago e comarca homologada para acoller competicións oficiais neste deporte. A colocación dun novo pavimento que sustituía ao instalado no 1998, centrou os traballos de actualización deste espazo da Universidade que consta dun anel de carreiras de 400 metros de corda e oito estaxes. O tipo de obra que se proxectou tamén contemplou o marcado e sinalización.

Compartir: