Resultados

Información do Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar

Ante as numerosas incidencias que estamos tendo por incumprimento do protocolo do seguro de accidente deportivo de Xogade recordamos que:

Se a súa entidade participa en Actividade Deportiva Escolar precisamos que:

Inscriban a todos os seus deportistas na aplicación de Xogade.

Impriman os carnés e llos fagan chegar ás familias dos deportistas.

Que todo o persoal da entidade, as familias e, chegada certa idade, os propios deportistas, coñezan o protocolo en caso de accidente.

Fagan comunicacións informativas do protocolo de forma cíclica para as persoas que se incorporan á entidade (familias ou técnicos).

Se a súa entidade participa en Actividade Deportiva Federada precisamos que:

Se aseguren de ter acceso aos datos dos seus deportistas e comproben que están todos inscritos. Se falta algún avisen á súa federación.

Impriman os carnés e llos fagan chegar ás familias dos deportistas.

Que todo o persoal da entidade, as familias e, chegada certa idade, os propios deportistas, coñezan o protocolo en caso de accidente.

Fagan comunicacións informativas do protocolo de forma cíclica para as persoas que se incorporan á entidade (familias ou técnicos).

O seguro deportivo de Xogade ten unas especificacións e unha cobertura determinada que debe respectarse para evitar que os sinistros non se cubran por parte da aseguradora e así o servizo poida funcionar correctamente.

Ante calquera incidencia coa aplicación (problemas de acceso ou similar) póñanse en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte no 881 99 63 63 sen maior dilación.

O teléfono de información da aseguradora (881 85 00 87) está 24 horas dispoñible.

Toda a información do seguro de Xogade está en acceso libre na portada da aplicación de inscricións de Xogade https://inscricion-xogade.xunta.gal

 

Compartir: