Adri Ben fai historia para o atletismo galego

Por fin e logo de varios encontros internacionais nos que as medallas foron esquivas, chegaba no día de hoxe o xusto premio a tantos anos de esforzo e sacrificios. Tivo que ser a pista cuberta de Estambul, sede do campionato de Europa indoor, quen no día de hoxe consagrara definitivamente a traxectoria deportiva de Adrián Ben con nada menos que co título de Campión de Europa, proeza só en Galicia ao alcance del nesta modalidade.

Xa viña avisando das súas posibilidades durante este campionato ao que se achagaba nun excelente estado de forma e no que comezaba a súa andaina pasando de maneira directa as semifinais cun crono de 1:47.32, cousa que repetiría nas seminifais onde daba un serio aviso ao impoñerse de maneira autoritaria con 1:46.82.

Xa plantado na final xunto a varios dos máis importantes especialistas do momento, optou por unha carreira intelixente desde os postos de atrás que lle permitiron evitar os múltiples contactos e tropezos do pelotón. Tendo moi claro que o triunfo sería nos últimos metros o viveirense dosificaría  moi ben as súas forzas co obxectivo de lanzar a falta de sesenta metros un demoledor ataque ante o francés Ropert, quen marchaba na primeira posición, e que serviu para prácticamente sobre a línea de meta o luminoso outorgara a ambos o mesmo tempo de 1:47.34. Habería que agardar á foto finish para que finalmente o galego, axustando os tempos ás milésimas, fora proclamado oficialmente campión de Europa nun día histórico para o atletismo galego.

Compartir: