Por fin e despois de moitos anos de traballo, acaba de ver a luz a creación e posta en marcha do Centro de Ensino do Atletismo Galego (CEAGA) que constitúe un importantisimo avance en materia de formación para a o noso atletismo.
Convocatoria de prazas
Por tal motivo, infórmase da inminente convocatoria das probas de acceso ao Ciclo Inicial de Grado Medio de Técnico Deportivo en Atletismo, conforme ao disposto no DOGA número 10 do luns, 18 de xaneiro de 2016, resumido nesta circular.
O curso será impartido polo Centro de Ensino Atletismo Galego (CEAGA), dependente da FGA, na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (Oleiros) durante os fins de semana para facilitar a formación académica das persoas interesadas.
Tal e como corresponde a nivel lexislativo, nas vindeiras semanas a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, publicará no DOGA (Diario Oficial de Galicia) a convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas, entre elas, a correspondente ao Ciclo Inicial de Grado Medio de Técnico Deportivo en Atletismo.
Para adiantar información precisa ás persoas interesadas, a FGA remite esta circular co obxecto de elaborar unha pre-inscrición inicial.
A data das probas de acceso, unha vez publicada pola Xunta de Galicia a través do DOGA, será comunicada por esta FGA a todas as persoas que fixeran a súa inscrición.
A programación das clases, presencias e telemáticas, serán impartidas durante os fins de semana (venres tarde e sábado, mañá e tarde). Malia ter que agardar á publicación no DOG, con carácter provisional infórmase de que se pretende iniciar o curso no mes de abril ou maio. Por todo elo, ábrese un primeiro prazo de pre-inscrición para as persoas interesadas, dende hoxe ata o día 24 de marzo de 2023.
O número máximo de inscritos será de 35 e, no caso de superalos, serán elixidos por orde de chegada.