Resultados

Inaugúrase o módulo cuberto do IFEVI

No día de hoxe o presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, participou na inauguración do módulo cuberto de atletismo instalado no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) en presenza do Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete e a do Presidente da FGA Iván Sanmartín entre outras autoridades e convidados.

Alfonso Rueda destacou que, coa apertura deste módulo de atletismo, a cidade suma unha nova instalación deportiva de primeiro nivel que dará servizo a un milleiro de atletas que poderán adestrar nas instalacións ao longo de todo o ano, polo que contribuirá a “facer historia” para esta modalidade deportiva tan arraigada na cidade.

O presidente da Xunta subliñou a tradición do atletismo na cidade olívica, onde naceu hai pouco máis de cen anos a Federación Galega de Atletismo. Esta modalidade deportiva, ademais, está a vivir unha época dourada en Galicia con máis de 10.000 licenzas e 28 atletas galegos olímpicos, o que facilitou que nos últimos Xogos unha deportista galega, Ana Peleteiro, acadara a primeira medalla olímpica do atletismo galego. Alfonso Rueda falou do “orgullo” que representaban para todos os galegos os éxitos duns deportistas que “cada vez deixan máis alto o nome de Galicia”.

Para Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega, ¨Este é un importantisimo paso máis na mellora das nosas instalacións que beneficiará de maneira moi sustancial ao tecido atlético de Vigo e por extensión ao atletismo galego¨ De igual modo o mandatario do atletismo autonómico recoñecía a gran mellora experimentada nos últimos tempos ca posta en funcionamento tanto de varios módulos cubertos como sobre todo da pista cuberta de Expourense, ainda que reivindicaba máis medios e recursos ¨Un dos eixos fundamentais da miña lexislatura será o de promover desde a Federación todas cantas medidas sexan da nosa competencia para  mellorar o déficit de infraestructuras que temos nestes intres no noso deporte¨

 

 

Compartir: